Panel de control Vesta
Fai uns dias pillei un VPS (Servidor Virtual Privado, polas súas siglas en inglés) en Digital Ocean, xa tiven contratados VPS noutras compañias como Amen ou m2estudio (cos que inda sigo) máis quería probar o modelo que plantexa esta empresa newyorkina.
Por un VPS con 512Mb de ram e 20Gb de disco cobran 5$/mes (arredor de 4€) pero o mellor é que non tes porque contratalo por un mes completo, facturan por horas!! Perfecto para persoas coma min que queren probar novas distribucións, configuracións,… podes crear un Droplet (como lle chaman eles os VPS) en menos dun minuto. Eles mesmos ofertan distribucións con configuracións específicas (con wordpress ou un LAMP por exemplo) que podes amoldar ó que ti queiras.
En parte por isto e porque é máis barato (é o que ten ser pobre), estou trasladando as miñas webs a esta empresa (esta mesma xa está nun host Digital Ocean).
Ademáis ten unha base de coñecementos impresionante onde poderás atopar tutoriais para todo tipo de montaxes, a meirande parte disto creado pola comunidade que teñen montada a redor do servizo.
Bueno, imos o allo, que viña a falar de Vesta CP.
Como sabedes os que traballades con webs habitualmente a xestión dun servidor web non é unha tarefa sinxela para persoas non expertas en GNU/Linux (existen outros sistemas operativos para servidor?),os paneis de control son unha alternativa imprescindible á consola para facilitar a xestión de dominios, correos, DNSs,… que doutro xeito sería realmente complexo ou tedioso.
Anteriormente teño empregado paneis de control comerciais como Plesk ou CPanel, dous dos máis extendidos no mundo. Vesta CP é un panel de control alternativo con licenza aberta e gratuito que realmente sorprende pola súa sinxeleza (de instalación e uso).
Trae as opcións básicas precisas para xestionar páxinas web: crear dominios, contas de correo, bases de datos, tarefas cron e copias de seguridade automáticas, o xusto e imprescindible e cunha coidada e minimalista interfaz gráfica (todo moi lean).
A súa instalación é realmente sinxela, só tres pasos:
- Acceder o servidor vía ssh (como root ou con permisos para instalar)
- ssh root@ipservidor
- Baixar o script de instalación dende a web de Vesta CP
- E executar o instalador
- bash vst-install.sh
Tardará un intre largo en instalar e configurar o sistema, e pediranos introducir algunhas señas como a de root de mysql e a de administrador do panel de control.
Sen máis complicación que isto teremos o panel de control totalmente operativo dende https://atuaip:8083 (a túa dirección ip polo porto 8083 con conexion https).
Despois a fuchicar porque o sistema é realmente moi, moi intuitivo e sinxelo de empregar: crear un dominio, unha conta de correo ou unha copia de seguridade é algo realmente trivial.
Vesta da soporte para a revenda de aloxamento polo que se poden crear varios usuarios e perfís distintos (xa trae por defecto unha serie de plans de reventa que podes modificar como queiras) incluso trae, para a conta de administrador, unha serie de gráficos moi ilustrativos do uso de recursos do sistema.
A miña experiencia con este panel de control, despois de traballar con outros comerciais, é realmente moi boa. Seguramente o consumo de recursos sexa un punto mellorable inda que non é maior que outros paneis máis recoñecidos (Ex. os nomeados antes). A intalación por defecto conta con Nginx como servidor de estáticos (pódese escoller non instalalo), isto dalle unha velocidade realmente interesante e descarga o pesado Apache.
Segundo lin polo foro, contan nun futuro próximo dar a opción de instalar Nginx como servidor principal, xa estou agardando para probar o rendemento desta configuración. Sería interesante que incluisen temén outros servidores web lixeiros como Cherokee (español) pero supoño que xa sería moito pedir 😉
Algunhas capturas de pantalla:
Se o probaches ou non es quen de poñelo en marcha comentame a túa experiencia.
Actualizar plesk | idiotacompulsivo.es 14:54 en 25 Marzo, 2014 Ligazón permanente |
[…] outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital […]
Experiencia con VestaCP e Digital Ocean | idiotacompulsivo.es 21:42 en 27 Outubro, 2014 Ligazón permanente |
[…] uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o Panel de Control […]