Un autónomo máis 

Agora son un empresaurio individual, que pasa!

Agora son un empresaurio individual, que pasa!

Dende o pasado día 1 de outubro son oficialmente traballador por conta propia.

Si amigos e amigas, inda que xa tiña pensado darme de alta para algún proxecto que teño en mente as cousas precipitaronse por mor dun contrato coa Universidade de Vigo: vou colaborar co grupo de investigación REDE (Reserch group in energy, innovation and environment) en tarefas de transferencia do coñecemento. Trátase dun contrato pequeno pero faime ilusión traballar con este grupo de referencia e coa xente que o compón, autenticos profesionais e persoas moi comprometidas co desenvolvemento do país.

Ata agora os meus traballos eran pequenos e esporádicos polo que nunca me vira na obriga de terme que dar de alta na seguridade social como autónomo.

As miñas sospeitas coa administración pública tributaria e da seguridade social vironse finalmente comprobadas: é terrible traballar con esta xente! (Máis …)