Actualizacións de Setembro, 2015 Conmutar Fíos de Comentarios | Atallos de teclado

  • idiotacompulsivo 13:47 en 27 September, 2015 Ligazón permanente | Resposta  

    A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams 

    A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams” é un artigo públicado no Harvard Business Revew moi recomendable se che interesa o relacionado co liderazgo de equipos nunha contorna coma a actual, onde os equipos xa non conviven baixo unha habitación única senon que están moitas veces, e cada vez máis, repartidos en distintos ámbitos xeográficos. Este tipo de equipos xeran vantaxes mais tamén é máis complexo ter un liderazgo efectivo. o paradigma muda.

     
  • idiotacompulsivo 22:00 en 24 October, 2011 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: , smartphone, telefonia   

    Ordenadores, futuro? 

    O motorola Atrix é un smartphone concibido para a movilidade e funcionalidade na casa, será o futuro parecido?

    Falaba o outro día cuns amigos sobre o mercado dos ordenadores, un mercado que, creo, podemos estar de acordo en que é un mercado maduro: existen numerosos produtores, moi grandes e moi ben posicionados; é máis que evidente a evolución tanto dos os prezos – baixaron dende aquel primer Personal Computer de IBM que custaba daquela US$1.565 – como das capacidades de computo como de memoria – aquela súper máquina persoal tiña un procesador Intel a 4,77 Mhz e contaba cunha memoria de 640Kb a versión máis avanzada -. É bastante evidente que moito choveu dende 1981, cando aquela máquina revolucionou o mercado. (Máis …)