pablo argibayIdiota é segundo a wikipedia o que descoñece sobre os temas públicos, é iso son un descoñecedor compulsivo que intenta entender algo do que pasa neste incomprensible mundo. Cada día máis sorprendido, para ben e para mal.

Isto comezou sendo un blogue privado onde publicaba de xeito anónimo. Non tiña, nin ten, maior pretensión que a de sacar do testo historias que me pasaba pola cabeza, reflexións (acertadas ou non) e para, nun futuro, relerme e sorprenderme de como mudan as cousas e eu mesmo.

O autor deste blogué son Pablo Argibay, e como vedes, conto dende caralladas a ta cousas que me parecen serias. Este é o blogue onde publico (inda que non con toda a frecuencia que quixera) mentres que reservo a miña web persoal para amosar o meu perfil máis profesional e dende onde podes contactar comigo, se así o queres.

Para os que non me coñezades, son natural do concello pontevedrés de Poio, nas Rías Baixas. Estudei Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo e actualmente curso o Máster de Innovación Industrial e Optimización de Procesos na mesma universidade.

Durante estes anos traballei durante tempadas curtas na construcción (burbulla plof), facendo enquisas para Universidade de Santiago de Compostela, de camareiro e facendo páxinas web.

Gústame moito todo o relacionado coa tecnoloxía e sobre todo coas tecnoloxías abertas. Emprego case en exclusiva sistemas de software libre (o meu sistema operativo é Trisquel GNU/Linux) e fago o que está nas miñas máns para difundir este tipo de tecnoloxías pois son as únicas que poden garantir a igualdade de oportunidades de acceso a toda a sociedade ademais de respectar a liberdade e privacidade dos usuarios (directos e indirectos).

Podes seguirme nas seguintes redes sociais:

Facebook || Twitter || Linkedin ||  Youtube