Lean office, innovación nos procesos administativos 

Xornada sobre Lean office na sede de ASIME (Vigo) innovación nos procesos da oficina

Xornada sobre Lean office na sede de ASIME (Vigo)

Tradicionalmente considerouse que nas oficinas non é posible estandarizar o traballo tal como se fai nun taller mecánico. En certa medida é correcto, trasladar as medidas tomadas nun taller a unha oficina sería realmente unha parbada, e evidentemente non funcionaría máis estimase que a mellora que pode xerar nunha oficina a filosofía lean pode acadar unhas taxas moi elevadas, mentres que nun taller son moito máis reducidas.

Isto débese a que a humanidade leva máis de 200 anos mellorando procesos en planta (dende a Revolución Industrial ata os nosos días) mentres que nas oficinas considerabase que era imposible definir procedementos e estandares que permitisen incrementar a produtividade administrativa (máis alá da informática).

O pasado xoves 10 de abril tiven a oportunidade de asistir a unha xornada sobre Lean Office organizada por ASIME, a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia.

(Máis …)