Experiencia con VestaCP e Digital Ocean

Roundcube webmail tenme namorado

Roundcube webmail tenme namorado

Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o Panel de Control VestaCP.

O certo é que despois de varios meses de uso do panel de control e de Digital Ocean podo asegurar que, inda non sendo un panel demasiado potente, as funcionalidades que posue funcionan á perfección. De feito, aventurariame a afirmar que a xestión con este panel de control é totalmente adsequible para calquera persoa cunha experiencia mínima (mínima, mínima): dende o primeiro momento poderás crear espazos web, bases de datos ou contas de correo en segundos e de xeito moi visual. As poucas opcións xogan a favor deste panel pois limita as metidas de pata do usuario.

Ademais encantame o xestor de webmail que trae por defecto RoundCube *.* é do mellorciño, sinxelo e fermoso. O certo é que a este xestor de correo xa lle tiña gañas.

Só duas cousas podo dicir malas da experiencia xeral destes meses con VestaCP:

  • Actualizacións automáticas: na primeira actualización automática o sistema petou e quedei coas webs fora de xogo durante unhas horas mentres levantei o servizo novamente. Despois desta actualización Vesta non funcionaba demasiado ben (inestable) e deixou de facer backups pois o iniciar daba erro, fose manualmente ou automáticamente polo que unhas semanas despois deste pete decidín facelo ben e realicei unha instalación en limpo do servidor.
    Por sorte tiña copias de seguridade realizadas nun servizo externo (recomendo o plugin para WordPress BackWPup). Dende aquela fago as actualizacións dende consola: apt-get update upgrade,ningún problema ata agora.
  • De cando en vez o servidor de bases de datos cae cando hai un número elevado de peticións simultaneas, descoñezo se realmente é culpa do servidor ou de Digital Ocean pois hai bastantes queixas neste senso nos foros de Digital Ocean.