Falla a ecuación da I+D

O horizonte 2020 é o novo programa marco de financiación da I+D europea

O horizonte 2020 é o novo programa marco de financiación da I+D europea

O que segue foi un comentario que fixen nun foro de Linkedin ao fio dunha conversa sobre as razóns do fracaso das políticas europeas en cando a transferencia do coñecemento e, máis concreto, a plasmación de todo o investimento en I+D público pois, en comparación coas comunidades norteamericanas e asiaticas, as taxas de éxito para chegar ó mercado son notablemente inferiores.

Falábase o último día na aula, algúns compañeiros expoñían que algúns dos proxectos de I+D nos que están ou estiveron son meros instrumentos captadores de fondos: cantos máis cartos es quen de “capturar” mellor eres, máis investigadores terás, máis poder… isto evidencia unha gran eiva.
Persoalmente nunca traballei en proxectos de I+D mais si traballei nalgún onde se desenvolve un produto (páxinas web) para conseguir, as veces, unha subvención. Moitas delas teño visto que cumpridos os requisitos concedenche a subvención e posteriormente deixase morrer o proxecto, algo que dende un punto de vista obxectivo carece de sentido, ou non?

Por unha parte, para min resulta algo moi desmotivador: pos esforzo, desvelos e horas nun tema que ten data de caducidade, e sábelo, pero páganche para facelo e hai que vivir de algo. Supoño que para un investigador será inda máis desmotivador pois o que move a este tipo de persoal será aportar á sociedade/empresa, non creo que sexan os cartos o que empurra a unha persoa a traballar neste ámbito.

Por outra parte, por norma xeral as subvencións subvencionan gastos efectivos (así debería de ser), polo que sempre supón un desenvolso efectivo, que pode chegar a reembolsarse, no mellor dos casos, integramente  pero que en principio non xera un beneficio. Porque  se fai entón? sinceramente non o sei, será a falsa sensación de ingresos ou pensar que vai ser unha cousa e resulta outra…

A comunidade do software libre é un dos mellores exemplos de Teamvidualism. Traballan individualmente sobre proxectos comunitarios e obteñense resultados impresionantes.

A comunidade do software libre é un dos mellores exemplos de Teamvidualism. Traballan individualmente sobre proxectos comunitarios e obteñense resultados impresionantes.

É realmente un tema complexo, atopar os incentivos que permitan convertir os proxectos de usar e tirar en verdadeiras ferramentas de innovación (que cheguen o mercado).

Imaxino que dende as institucións cada vez intentase integrar máis o coñecemento pero como en todas partes hai intereses particulares e colectivos, débese acadar un equilibrio entre ámbos para que as cousas funcionen.

Dende moitos ámbitos vense escoitando un termo interesante o teamvidualism (equipo+individualismo), esta filosofía de traballo trata de captar o mellor de cada unha das partes que o conforman, o individualismo aporta a paixón, a intuición capacidade para idear novas cousas e o traballo en equipo ofrece un fluxo rápido no desenvolvemento desas ideas innovadoras. Conseguir o equilibro entre isto é complexo pero está claro que é a chave do éxito.

Parece que no horizonte2020 traballase precisamente na busca deste equilirio, no camiño estase, outra cousa é como o recorramos e se realmente vai funcionar, a semente está posta.