Correo google Apps en Digital Ocean
Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos.
Despois do proceso de traslado do servidor do que inda comentaba fai uns días falando da miña experiencia con VestaCP.
O principal problema de trasladar dominios para min sempre é meter a para nas definicións de dns sobre todo para o tema dos correos: neste caso, teño algúns dos correos xestionados con Google Apps (basicamente os correos de adevigo.es e raxocultural.org), o problema é que son correos con bastante movemento e polo tanto estar unhas horas sen servizo non é unha opción e calquera erro fai que se poidan perder eses correos no limbo da Internet. (More …)
Reply