“Conscience is the inner voice that warms us sombody may be looking” H.L. Mencken
Updates from Outubro, 2015 Toggle Comment Threads | Keyboard Shortcuts
-
idiotacompulsivo
-
idiotacompulsivo
A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams
“A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams” é un artigo públicado no Harvard Business Revew moi recomendable se che interesa o relacionado co liderazgo de equipos nunha contorna coma a actual, onde os equipos xa non conviven baixo unha habitación única senon que están moitas veces, e cada vez máis, repartidos en distintos ámbitos xeográficos. Este tipo de equipos xeran vantaxes mais tamén é máis complexo ter un liderazgo efectivo. o paradigma muda.
-
idiotacompulsivo
-
idiotacompulsivo
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos.
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Escribir, por ejemplo: ” La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos”.El viento de la noche gira en el cielo y canta.
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.
La besé tantas veces bajo el cielo infinito.Ella me quiso, a veces yo también la quería.
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos. (More …) -
idiotacompulsivo
-
idiotacompulsivo
O derradeiro combate
Hoxe baixou do cuadrilátero por derradeira vez na súa vida, perdeu contra o cancro mais deixa un legado importante pois loitou contra os prexuizos raciais con algo máis que os seus puños.
“Writing is a weapon and it’s more powerful than a fist could ever be.” Denzel Whashington as “Hurricane”, The Hurricane (1999)
-
idiotacompulsivo
InnovaApps+
Hoxe participei no evento que organizaba Google e o BBVA para promocionar o seu concurso de aplicacións encamiñadas a incrementar a produtividade das pequenas, micro e nano empresas: InnovaApps+.
Estas dúas empresas por vez primeira fan o chamamento extensivo a persoas con formación non técnica, nomeadamente carreiras como administración de empresas e economía, buscando deste xeito perfiles complementarios que permitan ter dúas visións: a parte das necesidades insatisfeitas e por outro lado, a das persoas coas ferramentas axeitadas para dar solución as primeiras… seguro?
Pois creo que non, non é tan sinxelo, pensar que con xuntar a un de ADE e un programador van sair solucións para as PeMEs ou nanoPeMEs é de persoas ilusas. (More …)
-
idiotacompulsivo
Falla a ecuación da I+D
O que segue foi un comentario que fixen nun foro de Linkedin ao fio dunha conversa sobre as razóns do fracaso das políticas europeas en cando a transferencia do coñecemento e, máis concreto, a plasmación de todo o investimento en I+D público pois, en comparación coas comunidades norteamericanas e asiaticas, as taxas de éxito para chegar ó mercado son notablemente inferiores.
Falábase o último día na aula, algúns compañeiros expoñían que algúns dos proxectos de I+D nos que están ou estiveron son meros instrumentos captadores de fondos: cantos máis cartos es quen de “capturar” mellor eres, máis investigadores terás, máis poder… isto evidencia unha gran eiva. (More …)
-
idiotacompulsivo
Festa da Pita
O pasado martes de carnaval, tralo convite de @guimarey_iPOu (futuro alcalde de Ourense) pasei o día no barrio das Eiroás e a experiencia foi fantástica.
As Eiroás é un barrio rural situado na zona norte de concello de Ourense onde a mediados do século XX sucede a historia que da nome á Festa da Pita. Era tradición en moitos lugares de Galiza que, cando unha parella de viuvos voltaba casar, convidase a todos os veciños e veciñas para celebrar tal evento.
Neste caso Don Antonio Guimarei e Dona Gumersinda de Benavides “A Pita” non quixeron pagar o viño dos seus veciños polo que estes tomaron a festa pola súa conta.
Esta festa celebrouse ata os anos 70 mais, fai 15 anos, recuperouse incluindo nesta unha representación teatral onde algúns dos veciños e veciñas convirtense por un día nos protagonistas da historia e cóntana o seu xeito. Este ano ademais o mozo casadeiro resultou ser descendente dos protagonistas da historia, un autentico Guimarei! (de toda a vida).
Deixovos o video do inicio da festa, a ver que vos parece. (More …)
-
idiotacompulsivo
España va bien
Como era previsible, o goberno de Mariano Rajoy xa da os primeiros pasos cara as súas políticas ancoradas claramente cara a dereita. Nas primeiras semanas aprobado o maior paquete de recortes da historia de España, ademais dunha suba de impostos directos bestial contra as rendas do traballo, a isto hay que engadir a inminente suba dos impostos indirectos (IVE) nos vindeiros meses ou semanas que por suposto recaerá sobre as rendas máis baixas (a relación consumo-renda é moito máis elevada para as rendas baixas e a elasticidade do consumo de bens de primeira necesidade, enerxía ou similares é moi baixa).
Todo isto ven a demotrar unha vez máis que a crise non é igual para todos, e que sempre a pagan os máis débiles, as clases baixas (coñecedes a alguén de clase media? eu son clase baixa, un pobre supervivinte…)
Chámame a atención que hoxe no xornal sae o noso ben querido Arias Cañete, si, aquel que se fixo famoso cando foi das “vacas tolas” por estar implicado en temas túrbios de fariñas cárnicas (aí a orixe da enfermidade). Hoxe volta ser Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e trae un paquete de medidas realmente espectaculares: entre elas a recuperación dos travases, cun “Plan Hidrológico del Agua” (que non sabía eu que facía falla especificar que era de auga sendo “hidrológico” pero bueno, sempre está ben cerciorarse, non vaia ser…). Este plan hidrolóxico supostamente pretende repartir a auga que “sobra” entre as rexións menos favorecidas polas choivas, ou quizais máis derochadoras de auga…
Reply