Actualizacións automáticas de wordpress
Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por defecto activadas. Persoalmente pareceme unha medida fantastica, existen moitas instalacións por aí que estan desactualizadas e isto facilita o traballo a xente que nos encargamos de manter varias webs ó dia neste senso (de clientes por exemplo)…
Seguro? Pois debo dicir que non, as actualizacións automáticas son caralludas se son opcionais e mellor inda se non son a versións candidatas!! Unha versión candidata é unha versión do software que inda non está madura para porse en produción porque non están totalmente depurados posibles erros ou novas funcionalidades as que lles falta mellorar, polo que non se recomenda para webs en produción.
Porque deciden entón os programadores de WordPress que as nosas webs son o mellor escenario para comprobar que as novas funcionalidades non fan que “pete” a web? porque cunha versión RC1 o máis probable é que pase iso. A min non me preguntou ninguén se quería ser betatester, simplemente chegou un correo onde indicaba que xa estaba feito… De feito unha actualización inda non sendo automática pode supor certos problemas de compatibilidade con plantillas ou plugins e poden deixar a nosa web totalmente inutilizable.
Se queres desactivar as actualizacións automáticas podes facelo dun xeito moi sinxelo, non tes máis que engadir no ficheiro wp-config.php a seguinte liña:
define('WP_AUTO_UPDATE_CORE',false);
Encantame WordPress e de feito é o que máis recomendo pero esta xogada non me gustou nada, prefiro manter o control do que se instala e cando se instala. Xa podedes seguir disfrutando de WordPress agora sen actualizacións automáticas 😉
Reply