×
Dentro
digitalocean + vesta cp
digitalocean + vesta cp

Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos.

Despois do proceso de traslado do servidor do que inda comentaba fai uns días falando da miña experiencia con VestaCP.

O principal problema de trasladar dominios para min sempre é meter a para nas definicións de dns sobre todo para o tema dos correos: neste caso, teño algúns dos correos xestionados con Google Apps (basicamente os correos de adevigo.es e raxocultural.org), o problema é que son correos con bastante movemento e polo tanto estar unhas horas sen servizo non é unha opción e calquera erro fai que se poidan perder eses correos no limbo da Internet.

Dende que comecei a traballar con Digital Ocean, estou intentando empregar o seu servizo de DNS pois funciona bastante ben, é sinxelo e bastante flexible pois permite todo tipo de rexistros. Non o fixen antes máis que nada por pereza pero agora que tiña que trasladar o dominio de adevigo e levalo os servidores da UVigo (remato na universidade e teño que deixar todo preparado para os que veñen detrás), decidín facer con todos o mesmo. É un traballo moi mecánico pero entrar e saír de sesións de varios rexistradores é tedioso (pensaba que o panel de control de 1and1 ra chungo pero o de hostalia é a puta morte).

A configuración das DNS dun dominio son realmente moi sinxelas e para evitar problemas, Digital Ocean, permite facer unha configuración moi rápida e case automática das dns, paso a describilo, inda que non sei que me da do sinxelo que é…

  1. Engadir o rexistro A: este é o rexistro principal do dominio, na sección DNS de Digital damoslle a engadir un dominio (Add domain). Aquí pídenos o nome do dominio (proba.com) e a ip onde está aloxada a web, da a opción de escoller un dos droplet que teñamos en Digital ou directamente poñemos a ip do servidor, logo dámoslle a crear dominio (Create domain). Xa teremos o dominio creado coas súas DNS (estas son as que teremos que indicarlle o noso rexistrador para que as xestione Digital).
    Se o desexas, podes facer que o dominio coas www e sen as www apunte o mesmo sitio, por defecto non será así. Eu sempre aposto polo dominio sen as www, polo que logo de crear o dominio (proba.com por exemplo) creo un rexistro CNAME (ver imaxe 1) con nome: www e host: proba.com, deste xeito consigo que sempre se dirixa o usuario o primeiro, é dicir, sen as www.
  2. Se queremos dispor do correo de google e temos conta creada en Google Apps (como era o meu caso) teremos que crear os rexistros MX (correo). O proceso será similar pois, na mesma pantalla que nos aparece despois de crear o dominio podemos engadir rexistro (ver imaxe 1) e posteriormente darlle o botón de engadir rexistros MX de Google (imaxe 2).

Unha vez propagadas as DNS todo debería funcionar correctamente e en teoría non deberiamos perder nigún correo.

Imaxe 1: engadir rexistro cname, mx,...
Imaxe 1: engadir rexistro cname, mx,…
Imaxe 2: engadir un rexistro mx de google, para iso seleccionamos o rexistro mx e logo engadir gmail mx record
Imaxe 2: engadir un rexistro mx de google, para iso seleccionamos o rexistro mx e logo engadir gmail mx record

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Autor

argiport@yahoo.es

Entradas relacionadas

Dentro

Experiencia con VestaCP e Digital Ocean

Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o...

Ler todo
Dentro

Actualizacións automáticas de wordpress

Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por...

Ler todo

InnovaApps+

Hoxe participei no evento que organizaba Google e o BBVA para promocionar o seu concurso de aplicacións encamiñadas a incrementar a produtividade...

Ler todo
Dentro

Actualizar plesk

O outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital Ocean. Como...

Ler todo

Monitorizar os recursos en Linux: 6 ferramentas útiles

Deixovos esta ligazón moi interesante con unha lista de aplicacións básicas para controlar os recursos dun sistema con núcleo linux. Persoalmente xa...

Ler todo
Dentro

Panel de control Vesta

Fai uns dias pillei un VPS (Servidor Virtual Privado, polas súas siglas en inglés) en Digital Ocean, xa tiven contratados VPS noutras...

Ler todo