Actualizar plesk
O outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital Ocean.
Como vos comentava nesa entrada, a meirande parte da xente emprega Plesk ou ben CPanel, os paneles de control máis extendidos. Actualmente, inda que agardo de xeito temporal, manteño un VPS con Plesk e un dos maiores problemas deste sistema son as actualizacións automáticas (activadas por defecto e recomendadas).
Bueno, en realidade as actualizacións en si non son o problema se non o desastroso resultado destas. É bastante habitual que fallen e deixen o VPS totalmente inutil co que iso implica: se tes copia de seguridade perfecto, restauras (o maior problema é a info dende a última copia e o tempo que se perde en restaurar), pero se non a tes, botas as mans a cabeza e tiras dos pelos.
Por iso, para facer unha actualicación segura o mellor e seguir o procedemento que vou explicar a continuación (moi sinxelo):
- En primeiro lugar apagamos Plesk:
/etc/init.d/psa stop
- Despois detemos o panel de control e spamassasin:
/etc/init.d/sw-cp-server stop
/etc/init.d/psa-spamassassin stop
- Recomendo facer antes da actualización de Plesk un:
apt-get update
eapt-get upgrade
.
- Procedemos a facer a actualización en si do panel:
/usr/local/psa/admin/sbin/autoinstaller
Daríamos intro continuamente a menos que queiramos instalar novos engadigos: durante o proceso teríamos que configuralo (ofrecese durante a actualización).
A actualización debería ir sen problemas pois as autoacutalizacións adoitan fallar por falta de memoria RAM durante o proceso, cando detemos Plesk liberamos a suficiente memoria do VPS para evitar os erros.
Fonte: Mammuts.es
Reply