O corpo non da máis
Certamente nos últimos meses a regularidade de actualización deste blogue ampliouse ata case pasar a dous meses entre publicación e publicación, a súa causa é a miña falla de tempo para atender a todo (ata tiven que deixar un pouco de lado os meus estudos). Comentarei se vos parece o que levo facendo durante estes meses:
Conferencias das Mocidades Galeguistas: esta actividade que organizamos dende a Asociación Cultural Trabalingua, unha asociación universitaria que traballa a prol da lingua e cultura galegas, desta vez con esta actividade pretendiamos por en valor o traballo desenvolvido e amosar a influencia na actualidade, polas Mocidades Galeguistas durante o período da Segunda República. Para isto contamos con dous grandes expertos: Justo Beramendi (profesor da USC) Uxío-Breogán Dieguez (Historiador e director da revista Murguia).
Neste acto tivemos a oportunidade de facer unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, ademáis de contar con varios representantes de xuventudes galeguistas na actualidade (Mocidade Nacionalista Galega, Xuventudes Socialistas de Galicia e Converxencia XXI), que nos ofreceron a súa visión sobre o galeguismo actual e o seu futuro. (Máis …)
Resposta