A democracia, prostituta do neoliberalismo

Vivimos actualmente un momento terrible para a democracia, vimos de asistir fai uns días a unha reforma constitucional que, apoiada na legalidade, rachaba co consenso acadado no seu nacemento. Os dous partidos maioritarios neste país decidiron unilateralmente impoñer como dogma o modelo económico que nos levou a situación actual, o neoliberalismo.

O neoliberalismo que propugna que o estado debe reducirse a máximo e os mercados que se autoregulan, mais nos últimos dous anos esixian a intervención dos estados inxectando capital nos bancos para que non se visen abocados á creba. Este modelo que se di alicerce das liberdades, as liberdades dos máis ricos para evadir impostos, liberdades para os mercados para marcar as decisións dos gobernos, liberdade para invadir a soberanía popular e facerse co control da sociedade.

Un modelo que avoga polo continuo crecemento exponencial…. un modelo que leva esgotado moito tempo pero que, como se dun enfermo terminal se tratase, se mantén vivo artificialmente con continuas inxecións de capital, recortes nas prestacións e servizos públicos e non contentos con iso pide recortes nos salarios, o incremento das horas de traballo, redución dos dereitos laborais (si, dereitos e non privilexios como parece que nos queren vender…) uns dereitos que deixamos ir día a día e que tanto lle custaron conseguir aos nosos antergos, moitos deles perdendo ata a vida por deixar un mundo mellor para os seus fillos