×
Dentro
Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade
Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade

O outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital Ocean.

Como vos comentava nesa entrada, a meirande parte da xente emprega Plesk ou ben CPanel, os paneles de control máis extendidos. Actualmente, inda que agardo de xeito temporal, manteño un VPS con Plesk e un dos maiores problemas deste sistema son as actualizacións automáticas (activadas por defecto e recomendadas).

Bueno, en realidade as actualizacións en si non son o problema se non o desastroso resultado destas. É bastante habitual que fallen e deixen o VPS totalmente inutil co que iso implica: se tes copia de seguridade perfecto, restauras (o maior problema é a info dende a última copia e o tempo que se perde en restaurar), pero se non a tes, botas as mans a cabeza e tiras dos pelos.

Por iso, para facer unha actualicación segura o mellor e seguir o procedemento que vou explicar a continuación (moi sinxelo):

  1. En primeiro lugar apagamos Plesk: /etc/init.d/psa stop
  2. Despois detemos o panel de control e spamassasin: /etc/init.d/sw-cp-server stop /etc/init.d/psa-spamassassin stop
  3. Recomendo facer antes da actualización de Plesk un: apt-get update e apt-get upgrade.
  4. Procedemos a facer a actualización en si do panel: /usr/local/psa/admin/sbin/autoinstaller

Daríamos intro continuamente a menos que queiramos instalar novos engadigos: durante o proceso teríamos que configuralo (ofrecese durante a actualización).

A actualización debería ir sen problemas pois as autoacutalizacións adoitan fallar por falta de memoria RAM durante o proceso, cando detemos Plesk liberamos a suficiente memoria do VPS para evitar os erros.

Fonte: Mammuts.es

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Autor

argiport@yahoo.es

Entradas relacionadas

Dentro

Correo google Apps en Digital Ocean

Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos. Despois do proceso de traslado do servidor do...

Ler todo
Dentro

Experiencia con VestaCP e Digital Ocean

Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o...

Ler todo
Dentro

Actualizacións automáticas de wordpress

Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por...

Ler todo

InnovaApps+

Hoxe participei no evento que organizaba Google e o BBVA para promocionar o seu concurso de aplicacións encamiñadas a incrementar a produtividade...

Ler todo

Monitorizar os recursos en Linux: 6 ferramentas útiles

Deixovos esta ligazón moi interesante con unha lista de aplicacións básicas para controlar os recursos dun sistema con núcleo linux. Persoalmente xa...

Ler todo
Dentro

Panel de control Vesta

Fai uns dias pillei un VPS (Servidor Virtual Privado, polas súas siglas en inglés) en Digital Ocean, xa tiven contratados VPS noutras...

Ler todo