×
Antes de programar, hai que pensar
Antes de programar, hai que pensar

Hoxe participei no evento que organizaba Google e o BBVA para promocionar o seu concurso de aplicacións encamiñadas a incrementar a produtividade das pequenas, micro e nano empresas: InnovaApps+.

Estas dúas empresas por vez primeira fan o chamamento extensivo a persoas con formación non técnica, nomeadamente carreiras como administración de empresas e economía, buscando deste xeito perfiles complementarios que permitan ter dúas visións: a parte das necesidades insatisfeitas e por outro lado, a das persoas coas ferramentas axeitadas para dar solución as primeiras… seguro?

Pois creo que non, non é tan sinxelo, pensar que con xuntar a un de ADE e un programador van sair solucións para as PeMEs ou nanoPeMEs é de persoas ilusas.

Non digo que estea mal facer equipos multidisciplinares, de feito é o que se debería facer, mais non enganarse, se metemos un gato e un can nun saco agardar que saia gatocan é pouco realista, nos debuxos é posible, na vida real o asunto complicase. Debemos partir da premisa que tales persoas en principio proceden de mundos distintos, falan distintos idiomas e vai ser dificil que se entendan.

Obviando a comunicación (inda sendo un tema crucial), supoñamos que se entenden, que falan o mesmo “idioma”. Posiblemente chegaran a solucións, solucións para os supostos problemas, e digo supostos porque moitas veces centramonos na busca de solucións sen plantexar se realmente o problema que queremos solventar. É o problema tan evidente que temos diante dos ollos ou tan só é unha evidencia, o sintoma dun verdadeiro problema real. Antes de sentarte diante do ordenador a escribir código, coller o papel e o lapis é unha boa idea.

Moitas veces quedamos na codia dos problemas, intentamos dar solución os efectos destes e non atacamos o problema raíz, sendo isto algo totalmente improdutivo pois estariamos nada menos que estandarizando problemas (automatizar o muda).

Imaxinemos a tubaxe dunha casa na que hai perdas de auga, tampando con parches evitaremos que saia auga mais non atacaremos o problema raíz, quizais un tipo de auga con demasiados residuos ou con compostos químicos que deteriora as tubaxes, e que posiblemente cun filtro axeitado na entrada poderíamos solucionar.

A adopción por parte dos pequenos empresarios de aplicacións de xestión, coma as que se presentan a este concurso, é complexa, normalmente pensamos en retos importantes e o fundamental non vai estar nas grandes capacidades, personalización,… se non na facilidade, nos resultados e na simplicidade. Existen milleiros de aplicacións que fan todo o imaxinable en calquera tipo de empresa, porque non funcionan logo en pequenas empresas? porque son complexas, con moitas funcións, con curvas de aprendizaxe que non se axeitan ou simplemente feas, pouco amigables. Deliberadamente non falo de que sexan aplicacións caras, que tamén o son, porque estou seguro que calquera pagaría por unha aplicación deste tipo se realmente lle atopase un valor engadido.

En definitiva, a chave pasa por atacar as causas raices e polo principio KISS (Keep It Simple Stupid).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Autor

argiport@yahoo.es

Entradas relacionadas

Conscience is the inner voice

“Conscience is the inner voice that warms us sombody may be looking” H.L. Mencken

Ler todo

A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams

“A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams” é un artigo públicado no Harvard Business Revew moi recomendable se che interesa o...

Ler todo
Dentro

Correo google Apps en Digital Ocean

Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos. Despois do proceso de traslado do servidor do...

Ler todo
Dentro

Experiencia con VestaCP e Digital Ocean

Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o...

Ler todo
Dentro

O derradeiro combate

Hoxe baixou do cuadrilátero por derradeira vez na súa vida, perdeu contra o cancro mais deixa un legado importante pois loitou contra...

Ler todo
Dentro

Actualizacións automáticas de wordpress

Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por...

Ler todo