Un autónomo máis
Dende o pasado día 1 de outubro son oficialmente traballador por conta propia.
Si amigos e amigas, inda que xa tiña pensado darme de alta para algún proxecto que teño en mente as cousas precipitaronse por mor dun contrato coa Universidade de Vigo: vou colaborar co grupo de investigación REDE (Reserch group in energy, innovation and environment) en tarefas de transferencia do coñecemento. Trátase dun contrato pequeno pero faime ilusión traballar con este grupo de referencia e coa xente que o compón, autenticos profesionais e persoas moi comprometidas co desenvolvemento do país.
Ata agora os meus traballos eran pequenos e esporádicos polo que nunca me vira na obriga de terme que dar de alta na seguridade social como autónomo.
As miñas sospeitas coa administración pública tributaria e da seguridade social vironse finalmente comprobadas: é terrible traballar con esta xente!
Existe unha burocracia demencial, totalmente absurda e incomprensible: sabedes o que é automatizar o muda? Pois iso, a administración pública é experta neste ámbito. Botei unha mañá enteira para presentar o papeleo todo e inda así non puiden terminar porque tardanse dous días en procesar os datos dende a facenda pública para que estean dispoñibles na seguridade social (e así darse de alta de autónomos).
Explico o procedemento por se no futuro teño que volver facelo ou vos sirve a vos para algo:
- Ir a facenda e solicitar o modelo 037 (1,25€, na ligazón gratis, incluso podes envialo pola sede electrónica) que consta dos seguintes documentos:
- Declaración censal simplificada.
- Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e ive.
- Retención e ingresos a conta. Este hai que cubrilo tantas veces como epígrafes do IAE nos que queres darte de alta (hai que saber cal é o que che corresponde. No meu caso como non tiña nin idea pregunteille á funcionaria, que amablemente respondeu.)
- Ir a tesorería da seguridade social e solicitar a alta no réxime de autónomos.
Parece sinxelo verdade? Pois si, é sinxelo se sabes o que cubrir en cada formulario. De feito, podería facerse todo este procedemento dende a casa coa sinatura electrónica ou DNIe o problema é que (seica) peta coma unha escopeta de feira.
Eu no segundo paso entereime que tarda dous dias en rexistrarse a información polo que a miña viaxe a seguridade social foi case en balde, case porque alí indicaronme como(?!?!) facer a alta a través da Sede Electrónica, tal como fixen dous días máis tarde sen moverme da casa e co meu DNIe (para algo terá que servir).
O proceso é realmente sinxelo (cando atopas a ligazón o procedemento) mais dei con un concepto ata aquel momento descoñecido para min: escoller Mútua. O parecer cando eres empregado por conta allea ou propia debes escoller os servizos dunha empresa privada chamadas mútuas, que xestionan os accidentes que poidas subrir (privatización da sanidade…), flipei e sigo flipando.
Por sorte puiden acollerme o novo plan de autónomos, a famosa tarifa plana de 50€ (que son 54, e para o ano posiblemente 60) durante polo menos 6 meses. Os case 300€ mensuais parecenme un autentico despropósito, porque non facelo en función da facturación?? seguró habería moita máis xente en situación legal.
Despois disto, agora estou rompendo os cornos coa presentación da declaración trimestral do IVE que me tocará para xaneiro, e si, estou preparandoo xa que non quero que me pille o touro. Parece sinxelo pero xa sabemos que calquera pequeno erro na administración pública págase caro. Mellor previr…
Reply