2021 porque non volver a escribir o blogue.
Dende 2015, ultima publicación (pública) do blogue, moito choveu e moitos km hai de por medio.
Este ano que agardemos sexa de control do covid19 chega con retos importantes, proxectos persoais e profesionais.
Ano movido e cheo de ilusións
Imos a por el
Updates from idiotacompulsivo Toggle Comment Threads | Keyboard Shortcuts
-
idiotacompulsivo
-
idiotacompulsivo
El atardecer de la vida
Unha boa película para reflexionar. Máis alá da relixión, do espiritualismo e por suposto do materialismo, o camiño á felicidade témolo diante, non hai máis que deixar atrás o lastre que nos leva a unha vida sen sentido e tomar este camiño.
-
idiotacompulsivo
“Conscience is the inner voice that warms us sombody may be looking” H.L. Mencken
-
idiotacompulsivo
A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams
“A First-Time Manager’s Guide to Leading Virtual Teams” é un artigo públicado no Harvard Business Revew moi recomendable se che interesa o relacionado co liderazgo de equipos nunha contorna coma a actual, onde os equipos xa non conviven baixo unha habitación única senon que están moitas veces, e cada vez máis, repartidos en distintos ámbitos xeográficos. Este tipo de equipos xeran vantaxes mais tamén é máis complexo ter un liderazgo efectivo. o paradigma muda.
-
idiotacompulsivo
-
idiotacompulsivo
Correo google Apps en Digital Ocean
Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos.
Despois do proceso de traslado do servidor do que inda comentaba fai uns días falando da miña experiencia con VestaCP.
O principal problema de trasladar dominios para min sempre é meter a para nas definicións de dns sobre todo para o tema dos correos: neste caso, teño algúns dos correos xestionados con Google Apps (basicamente os correos de adevigo.es e raxocultural.org), o problema é que son correos con bastante movemento e polo tanto estar unhas horas sen servizo non é unha opción e calquera erro fai que se poidan perder eses correos no limbo da Internet. (More …)
-
idiotacompulsivo
Experiencia con VestaCP e Digital Ocean
Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o Panel de Control VestaCP.
O certo é que despois de varios meses de uso do panel de control e de Digital Ocean podo asegurar que, inda non sendo un panel demasiado potente, as funcionalidades que posue funcionan á perfección. De feito, aventurariame a afirmar que a xestión con este panel de control é totalmente adsequible para calquera persoa cunha experiencia mínima (mínima, mínima): dende o primeiro momento poderás crear espazos web, bases de datos ou contas de correo en segundos e de xeito moi visual. As poucas opcións xogan a favor deste panel pois limita as metidas de pata do usuario. (More …)
-
idiotacompulsivo
Un autónomo máis
Dende o pasado día 1 de outubro son oficialmente traballador por conta propia.
Si amigos e amigas, inda que xa tiña pensado darme de alta para algún proxecto que teño en mente as cousas precipitaronse por mor dun contrato coa Universidade de Vigo: vou colaborar co grupo de investigación REDE (Reserch group in energy, innovation and environment) en tarefas de transferencia do coñecemento. Trátase dun contrato pequeno pero faime ilusión traballar con este grupo de referencia e coa xente que o compón, autenticos profesionais e persoas moi comprometidas co desenvolvemento do país.
Ata agora os meus traballos eran pequenos e esporádicos polo que nunca me vira na obriga de terme que dar de alta na seguridade social como autónomo.
As miñas sospeitas coa administración pública tributaria e da seguridade social vironse finalmente comprobadas: é terrible traballar con esta xente! (More …)
-
idiotacompulsivo
Terapia de chock (chock-olate)
Forraje – Colgado de ti
-
idiotacompulsivo
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos.
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Escribir, por ejemplo: ” La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos”.El viento de la noche gira en el cielo y canta.
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.
La besé tantas veces bajo el cielo infinito.Ella me quiso, a veces yo también la quería.
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos. (More …)
Reply