×

Hoxe amosareivos unha tarefa moi sinxela pero que ao parecer non sabe facer moita xente, máis que nada por descoñecemento da aplicación axeitada, tratase da gravación dunha imaxe iso – de calquera distribución GNU/linux practicamente – nun lapis de memoria usb. E preguntaraste, para que carafio vou querer eu meter unha iso nun dispositivo usb se nun cd me vai perfecto?, poden ocorrer varias cousas:

  • Pode que – coma min – teñas un netbook, dispositivos que se algo adoecen é de lectores de discos compactos.
  • Estas farto de gravar centos de discos que logo quedan anticuados ante as continuas versións da túa distro favorita.
  • Pode que teñas cd’s re-gravables – eu sempre contaba con un par deles para estes menesteres – pero quizais estás farto de que andar con eles, seguramente estean raiados, gastados…
  • Tendo un lapis usb con capacidade para instalar varias distros a un tempo (xenial entrada de reygecko onde explica como facer un lapis con varias distros arrancábeis dende un usb), para que vas andar con caralladas de cd’s.
  • Pódeche sair a vea ecolóxica, recorda que un usb ten milleiros de ciclos de escritura lectura ata que falla – polo menos en teoría – mentres que un disco, inda sendo re-gravable ten un ciclo de vida máis curto (sexa por deterioro natural dos materiais ou por desgaste polo uso)
  • E de seguro que se che ocorren miles de razóns polas que pasar a usar sistemas de almacenamento usb…

Non vou tentar convencerte de usar lapises usb se non queres, pero pode que che interese saber como facelo por se algún día… quen sabe. O primeiro que precisas é un lapis usb baleiro (fai copias de seguridade dos datos, valos perder!!!) ou cheo, durante o proceso eliminarase todo o contido. Precisas tamén unha iso de calquera distribución GNU/Linux, por exemplo Trisquel 😉 e para rematar, só che resta ter o programa que realice a tarefa, neste caso, o programa recomendado – que ven por defecto en Triquel, en calquera das súas versións – é o Creador de Discos de Arrinque (nos repositorios debian poderías instalalo en principio con sudo apt-get install usb-creator ). O resto de pasos podes seguilos no vídeo que preparei, agardo que vos sexa de utilidade.

 

En Español:

Hoy intentaré enseñaros algo muy sencillo pero que al parecer no muchos saben como hacer, imagino que mas por desconocimiento de la herramienta apropiada que por la dificultad que en si tiene el proceso, se trata de la grabación de una imagen iso – de cualquier distribución GNU/linux prácticamente – en un lapiz de memoria usb. Y tu te preguntarás, para que carajo voy a querer meter una distro en un lapiz usb? si en un cd me va perfecto y no me rompo la cabeza

, pueden ocurrir varias cosas:

  • Puede que – como yo – tengas un netbook, dispositivos que si de algo adolecen es de lectores de discos compactos.
  • Estas harto de gravar centos de discos que logo quedan anticuados ante as continuas versións da túa distro favorita.
  • Pode que teñas cd’s re-gravables – eu sempre contaba con un par deles para estes menesteres – pero quizais estás farto de que andar con eles, seguramente estean raiados, gastados…
  • Tendo un lapis usb con capacidade para instalar varias distros a un tempo (xenial entrada de reygecko onde explica como facer un lapis con varias distros arrancábeis dende un usb), para que vas andar con caralladas de cd’s.
  • Pódeche sair a vea ecolóxica, recorda que un usb ten milleiros de ciclos de escritura lectura ata que falla – polo menos en teoría – mentres que un disco, inda sendo re-gravable ten un ciclo de vida máis curto (sexa por deterioro natural dos materiais ou por desgaste polo uso)
  • E de seguro que se che ocorren miles de razóns polas que pasar a usar sistemas de almacenamento usb…

Non vou tentar convencerte de usar lapises usb se non queres, pero pode que che interese saber como facelo por se algún día… quen sabe. O primeiro que precisas é un lapis usb baleiro (fai copias de seguridade dos datos, valos perder!!!) ou cheo, durante o proceso eliminarase todo o contido. Precisas tamén unha iso de calquera distribución GNU/Linux, por exemplo Trisquel 😉 e para rematar, só che resta ter o programa que realice a tarefa, neste caso, o programa recomendado – que ven por defecto en Triquel, en calquera das súas versións – é o Creador de Discos de Arrinque (nos repositorios debian poderías instalalo en principio con sudo apt-get install usb-creator ). O resto de pasos podes seguilos no vídeo que preparei, agardo que vos sexa de utilidade.

2 comentarios

  1. Ola!
    Son Anxo…. Mira a onde fun chegar… Saúdos compañeiro. A ver se lle boto unha ollada ao trisquel, por agora sempre traballei con ubuntu

  2. Benvido Anxo a este o meu humilde blogue 😉 bótalle unha ollada e se tes algunha dúbida xa sabes. Unha aperta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Autor

argiport@yahoo.es

Entradas relacionadas

Monitorizar os recursos en Linux: 6 ferramentas útiles

Deixovos esta ligazón moi interesante con unha lista de aplicacións básicas para controlar os recursos dun sistema con núcleo linux. Persoalmente xa...

Ler todo

Ordenadores, futuro?

Falaba o outro día cuns amigos sobre o mercado dos ordenadores, un mercado que, creo, podemos estar de acordo en que é...

Ler todo

O corpo non da máis

Certamente nos últimos meses a regularidade de actualización deste blogue ampliouse ata case pasar a dous meses entre publicación e publicación, a...

Ler todo

Espremendo o ordenador con Debian

Esta semana fíxose pública, despois de case dous anos de desenvolvemento, a última versión de Debian có nome chave de “Squeez” (espremer,...

Ler todo

Así non!!!

Para os ávidos lectores deste espazo, ou alomenos para os que leades un pouco este blogue non creo que vos resulte sorprendente...

Ler todo

LibreOffice

Si algo tiene de grandioso el software libre es que si un proyecto es interesante y su desarrollador lo abandona, siempre pueden...

Ler todo