España va bien

Como era previsible, o goberno de Mariano Rajoy xa da os primeiros pasos cara as súas políticas ancoradas claramente cara a dereita. Nas primeiras semanas aprobado o maior paquete de recortes da historia de España, ademais dunha suba de impostos directos bestial contra as rendas do traballo, a isto hay que engadir a inminente suba dos impostos indirectos (IVE) nos vindeiros meses ou semanas que por suposto recaerá sobre as rendas máis baixas (a relación consumo-renda é moito máis elevada para as rendas baixas e a elasticidade do consumo de bens de primeira necesidade, enerxía ou similares é moi baixa).

Todo isto ven a demotrar unha vez máis que a crise non é igual para todos, e que sempre a pagan os máis débiles, as clases baixas (coñecedes a alguén de clase media? eu son clase baixa, un pobre supervivinte…)

Chámame a atención que hoxe no xornal sae o noso ben querido Arias Cañete, si, aquel que se fixo famoso cando foi das “vacas tolas” por estar implicado en temas túrbios de fariñas cárnicas (aí a orixe da enfermidade). Hoxe volta ser Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e trae un paquete de medidas realmente espectaculares: entre elas a recuperación dos travases, cun “Plan Hidrológico del Agua” (que non sabía eu que facía falla especificar que era de auga sendo “hidrológico” pero bueno, sempre está ben cerciorarse, non vaia ser…). Este plan hidrolóxico supostamente pretende repartir a auga que “sobra” entre as rexións menos favorecidas polas choivas, ou quizais máis derochadoras de auga…