Actualizacións recentes Páxina 3 Conmutar Fíos de Comentarios | Atallos de teclado

  • idiotacompulsivo 00:18 en 31 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Ten fe en mi 

    Hai xente que confia en min, xente pola que sinto verdadeira admiración, agardo estar a altura.
    Simplemente grazas.

    Deixovos esta canción de Revolver, un dos meus grupos favoritos. (Carlos Goñi crack)

     
  • idiotacompulsivo 14:54 en 25 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Actualizar plesk 

    Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade

    Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade

    O outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital Ocean.

    Como vos comentava nesa entrada, a meirande parte da xente emprega Plesk ou ben CPanel, os paneles de control máis extendidos. Actualmente, inda que agardo de xeito temporal, manteño un VPS con Plesk e un dos maiores problemas deste sistema son as actualizacións automáticas (activadas por defecto e recomendadas).

    Bueno, en realidade as actualizacións en si non son o problema se non o desastroso resultado destas. É bastante habitual que fallen e deixen o VPS totalmente inutil co que iso implica: se tes copia de seguridade perfecto, restauras (o maior problema é a info dende a última copia e o tempo que se perde en restaurar), pero se non a tes, botas as mans a cabeza e tiras dos pelos. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 01:06 en 20 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Monitorizar os recursos en Linux: 6 ferramentas útiles 

    htop liña de comandos para controlar os recursos

    htop dende a liña de comandos para controlar os recursos

    Deixovos esta ligazón moi interesante con unha lista de aplicacións básicas para controlar os recursos dun sistema con núcleo linux. Persoalmente xa coñecía top e htop, son para min imprescindibles para controlar o uso sobre todo de memoria RAM do servidor web. A principal vantaxe de htop fronte top é que o primeiro indica a memoria RAM empregada efectiva, como sabedes, os sistemas GNU/Linux non liberan a memoria ata que esta é precisa polo que top amosaranos un uso de memoria sempre maior á real.

    6 Ferramentas sinxelas para monitorizar os recursos

    En versión pdf por se deixa de funcionar a ligazón: PDF

     
  • idiotacompulsivo 12:13 en 14 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Falla a ecuación da I+D 

    O horizonte 2020 é o novo programa marco de financiación da I+D europea

    O horizonte 2020 é o novo programa marco de financiación da I+D europea

    O que segue foi un comentario que fixen nun foro de Linkedin ao fio dunha conversa sobre as razóns do fracaso das políticas europeas en cando a transferencia do coñecemento e, máis concreto, a plasmación de todo o investimento en I+D público pois, en comparación coas comunidades norteamericanas e asiaticas, as taxas de éxito para chegar ó mercado son notablemente inferiores.

    Falábase o último día na aula, algúns compañeiros expoñían que algúns dos proxectos de I+D nos que están ou estiveron son meros instrumentos captadores de fondos: cantos máis cartos es quen de “capturar” mellor eres, máis investigadores terás, máis poder… isto evidencia unha gran eiva. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 15:01 en 13 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: física, termodinámica   

    Discutir sobre motores magnéticos infinitos, baterias inesgotables… antes era divertido, agora xa cansa
    )

     
  • idiotacompulsivo 10:47 en 13 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: , panel de control,   

    Panel de control Vesta 

    digitalocean + vesta cp

    digitalocean + vesta cp

    Fai uns dias pillei un VPS (Servidor Virtual Privado, polas súas siglas en inglés) en Digital Ocean, xa tiven contratados VPS noutras compañias como Amen ou m2estudio (cos que inda sigo) máis quería probar o modelo que plantexa esta empresa newyorkina.

    Por un VPS con 512Mb de ram e 20Gb de disco cobran 5$/mes (arredor de 4€) pero o mellor é que non tes porque contratalo por un mes completo, facturan por horas!! Perfecto para persoas coma min que queren probar novas distribucións, configuracións,… podes crear un Droplet (como lle chaman eles os VPS) en menos dun minuto. Eles mesmos ofertan distribucións con configuracións específicas (con wordpress ou un LAMP por exemplo) que podes amoldar ó que ti queiras.

    En parte por isto e porque é máis barato (é o que ten ser pobre), estou trasladando as miñas webs a esta empresa (esta mesma xa está nun host Digital Ocean). (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 15:07 en 12 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: aniversario   

    O pasado 4 de marzo fixo catro anos da primeira entrada deste blogue, acabo de darme conta. Como pasa o tempo e como mudan as cousas… 😉

     
  • idiotacompulsivo 18:30 en 11 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

     
  • idiotacompulsivo 17:45 en 10 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Festa da Pita 

    festadapita

    Os protagonistas da Festa da Pita 2014

    O pasado martes de carnaval, tralo convite de @guimarey_iPOu (futuro alcalde de Ourense) pasei o día no barrio das Eiroás e a experiencia foi fantástica.

    As Eiroás é un barrio rural situado na zona norte de concello de Ourense onde a mediados do século XX sucede a historia que da nome á Festa da Pita. Era tradición en moitos lugares de Galiza que, cando unha parella de viuvos voltaba casar, convidase a todos os veciños e veciñas para celebrar tal evento.

    Neste caso Don Antonio Guimarei e Dona Gumersinda de Benavides “A Pita” non quixeron pagar o viño dos seus veciños polo que estes tomaron a festa pola súa conta.

    Esta festa celebrouse ata os anos 70 mais, fai 15 anos, recuperouse incluindo nesta unha representación teatral onde algúns dos veciños e veciñas convirtense por un día nos protagonistas da historia e cóntana o seu xeito. Este ano ademais o mozo casadeiro resultou ser descendente dos protagonistas da historia, un autentico Guimarei! (de toda a vida).

    Deixovos o video do inicio da festa, a ver que vos parece. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 12:22 en 1 February, 2012 Ligazón permanente | Resposta  

    España va bien 

    Como era previsible, o goberno de Mariano Rajoy xa da os primeiros pasos cara as súas políticas ancoradas claramente cara a dereita. Nas primeiras semanas aprobado o maior paquete de recortes da historia de España, ademais dunha suba de impostos directos bestial contra as rendas do traballo, a isto hay que engadir a inminente suba dos impostos indirectos (IVE) nos vindeiros meses ou semanas que por suposto recaerá sobre as rendas máis baixas (a relación consumo-renda é moito máis elevada para as rendas baixas e a elasticidade do consumo de bens de primeira necesidade, enerxía ou similares é moi baixa).

    Todo isto ven a demotrar unha vez máis que a crise non é igual para todos, e que sempre a pagan os máis débiles, as clases baixas (coñecedes a alguén de clase media? eu son clase baixa, un pobre supervivinte…)

    Chámame a atención que hoxe no xornal sae o noso ben querido Arias Cañete, si, aquel que se fixo famoso cando foi das “vacas tolas” por estar implicado en temas túrbios de fariñas cárnicas (aí a orixe da enfermidade). Hoxe volta ser Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e trae un paquete de medidas realmente espectaculares: entre elas a recuperación dos travases, cun “Plan Hidrológico del Agua” (que non sabía eu que facía falla especificar que era de auga sendo “hidrológico” pero bueno, sempre está ben cerciorarse, non vaia ser…). Este plan hidrolóxico supostamente pretende repartir a auga que “sobra” entre as rexións menos favorecidas polas choivas, ou quizais máis derochadoras de auga…

     
c
compose new post
j
next post/next comment
k
previous post/previous comment
r
reply
e
edit
o
show/hide comments
t
go to top
l
go to login
h
show/hide help
shift + esc
cancel