Actualizacións recentes Páxina 2 Conmutar Fíos de Comentarios | Atallos de teclado

  • idiotacompulsivo 22:05 en 1 July, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Cita de Castelao 

    Cita Castelao: o verdadeiro eroismo consiste en trocar os ancieios en realidades, a ideas en feitos

    Castelao

     
  • idiotacompulsivo 22:46 en 25 June, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Alma Máter 

    Vista dende a Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus As Lagoas-Marcosende

    Vista dende a Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus As Lagoas-Marcosende

    Esta foi a miña casa durante os pasados 5 anos, e seguirao sendo por sempre. Non só pola paisaxe, nin polo graduado,… pola xente, xente fantastica que coñecín e sigo coñecendo, polas leccións que aprendín. Agardo ter deixado alguha marca do meu paso por ela.
    A Universidade de Vigo a miña Alma Mater

     
  • idiotacompulsivo 22:29 en 17 May, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Letras Galegas 2014 

    Hoxe día das Letras Galegas 2014, máis confianza que nunca en que temos futuro.

    Non deixedes de visitar a web adicada a Díaz Castro, o homenaxeado no día de hoxe, unha obra de arte realmente fermosa realizada polos rapaces e rapazas do IES Días Castro de Guitiriz http://about.me/documentaldiazcastro
    https://soundcloud.com/ies-diaz-castro

     
  • idiotacompulsivo 23:16 en 11 May, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Naturalmente efímero 

    rosaComa coas persoas, o mellor non se pode ver nunha fotografía.

    Pechar os ollos e respirar fondamente, disfruta da fragancia…

     
  • idiotacompulsivo 17:23 en 26 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: mariñeiros, refrán   

    Onde hai patrón non manda mariñeiro

    Refrán
     
  • idiotacompulsivo 12:00 en 22 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    ya no puedo más… ;) 

    Si, teño que recoñecelo, gústame moito o ritmo desta canción, non podo parar de escoitala 😉

     
  • idiotacompulsivo 22:13 en 20 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    O derradeiro combate 

    Hoxe baixou do cuadrilátero por derradeira vez na súa vida, perdeu contra o cancro mais deixa un legado importante pois loitou contra os prexuizos raciais con algo máis que os seus puños.

    “Writing is a weapon and it’s more powerful than a fist could ever be.” Denzel Whashington as “Hurricane”, The Hurricane (1999)


    DEP Rubin ‘Hurricane’ Carter

     
  • idiotacompulsivo 21:13 en 20 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: asime, innovación, lean, , office   

    Lean office, innovación nos procesos administativos 

    Xornada sobre Lean office na sede de ASIME (Vigo) innovación nos procesos da oficina

    Xornada sobre Lean office na sede de ASIME (Vigo)

    Tradicionalmente considerouse que nas oficinas non é posible estandarizar o traballo tal como se fai nun taller mecánico. En certa medida é correcto, trasladar as medidas tomadas nun taller a unha oficina sería realmente unha parbada, e evidentemente non funcionaría máis estimase que a mellora que pode xerar nunha oficina a filosofía lean pode acadar unhas taxas moi elevadas, mentres que nun taller son moito máis reducidas.

    Isto débese a que a humanidade leva máis de 200 anos mellorando procesos en planta (dende a Revolución Industrial ata os nosos días) mentres que nas oficinas considerabase que era imposible definir procedementos e estandares que permitisen incrementar a produtividade administrativa (máis alá da informática).

    O pasado xoves 10 de abril tiven a oportunidade de asistir a unha xornada sobre Lean Office organizada por ASIME, a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia.

    (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 20:56 en 14 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta
    Etiquetas: , wordpress   

    Actualizacións automáticas de wordpress 

    Controla as actualizacións de wordpress

    Controla as actualizacións de wordpress

    Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por defecto activadas. Persoalmente pareceme unha medida fantastica, existen moitas instalacións por aí que estan desactualizadas e isto facilita o traballo a xente que nos encargamos de manter varias webs ó dia neste senso (de clientes por exemplo)…

    Seguro? Pois debo dicir que non, as actualizacións automáticas son caralludas se son opcionais e mellor inda se non son a versións candidatas!! Unha versión candidata é unha versión do software que inda non está madura para porse en produción porque non están totalmente depurados posibles erros ou novas funcionalidades as que lles falta mellorar, polo que non se recomenda para webs en produción. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 18:57 en 31 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    InnovaApps+ 

    Antes de programar, hai que pensar

    Antes de programar, hai que pensar

    Hoxe participei no evento que organizaba Google e o BBVA para promocionar o seu concurso de aplicacións encamiñadas a incrementar a produtividade das pequenas, micro e nano empresas: InnovaApps+.

    Estas dúas empresas por vez primeira fan o chamamento extensivo a persoas con formación non técnica, nomeadamente carreiras como administración de empresas e economía, buscando deste xeito perfiles complementarios que permitan ter dúas visións: a parte das necesidades insatisfeitas e por outro lado, a das persoas coas ferramentas axeitadas para dar solución as primeiras… seguro?

    Pois creo que non, non é tan sinxelo, pensar que con xuntar a un de ADE e un programador van sair solucións para as PeMEs ou nanoPeMEs é de persoas ilusas. (Máis …)

     
c
compose new post
j
next post/next comment
k
previous post/previous comment
r
reply
e
edit
o
show/hide comments
t
go to top
l
go to login
h
show/hide help
shift + esc
cancel