O corpo non da máis

Certamente nos últimos meses a regularidade de actualización deste blogue ampliouse ata case pasar a dous meses entre publicación e publicación, a súa causa é a miña falla de tempo para atender a todo (ata tiven que deixar un pouco de lado os meus estudos). Comentarei se vos parece o que levo facendo durante estes meses:

Mocidades galeguistas segunda República

Conferencias das Mocidades Galeguistas: esta actividade que organizamos dende a Asociación Cultural Trabalingua, unha asociación universitaria que traballa a prol da lingua e cultura galegas, desta vez con esta actividade pretendiamos por en valor o traballo desenvolvido e amosar a influencia na actualidade, polas Mocidades Galeguistas durante o período da Segunda República. Para isto contamos con dous grandes expertos: Justo Beramendi (profesor da USC) Uxío-Breogán Dieguez (Historiador e director da revista Murguia).

Neste acto tivemos a oportunidade de facer unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, ademáis de contar con varios representantes de xuventudes galeguistas na actualidade (Mocidade Nacionalista Galega, Xuventudes Socialistas de Galicia e Converxencia XXI), que nos ofreceron a súa visión sobre o galeguismo actual e o seu futuro.

Xornadas Software Libre uvigo A segunda actividade na que participei moi activamente foi nas Primeiras Xornadas de Introdución ao Software Libre, nestas xornadas que organizamos e impartimos (moi modestamente, todo hai que dicilo) dende a delegación de alumnos da nosa facultade, na aula de informática de libre acceso. Esta actividade enmarcase no proceso de “liberación” do software que pretendemos implantar (coa axuda dos organos rectores da facultade) e qeu xa adiantaba fai uns meses coa entrada software libre na facultade na que falaba sobre a posibilidade de instalar sistemas libres na aula de libre acceso (xa unha realidade!!!).

Foron dúas xornadas nas que tentamos quitar o medo ao sistema operativo e convencer á xente que alí participou de que o software libre é a única alternativa sostíbel, tanto a nivel académico coma a nivel usuario domestico. Para elo fixemos (ou intentamos polo menos, nuns ordenadores onde todo fallaba U.U) unha instalación de Trisquel GNU/Linux durante a primeira sesión. A segunda sesión foi de introdución ao escritorio Gnome de Trisquel e aos aplicativos básicos que fornece o sistema, así coma outros que non veñen por defecto pero que si son interesantes para unhas carreiras coma as nosas de ciencias económicas e empresariais.

A experiencia pola miña parte foi boa, encantoume poder amosar aos meus compañeiros ferramentas tan importantes para o noso futuro, e parece que os asistentes quedaron satisfeitos polo que nos plantexamos repeir o ano próximo pero cunha maior profesionalidade e traendo empresas para que conten a súa experiencia, tanto do lado de empresas adicadas ao software libre como do lado dos demandantes (empresas que teñen implantados recursos libres).

Organizamos tamén neste mes as Xornadas de Economía e Sociedade onde a miña colaboración foi bastante máis pequena pola miñas limitacións horarias, e por un pequeno incidente co coche novo que me impediu estar todo o dispoñíbel que desexaría, podendo solo participar en dúas das seis xornadas contempladas do calendario, moi interesantes por certo (sobre negociación e protocolo).

I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Cartaz do I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Por último, esta mesma semana pasada desenvolveuse o I Foro de Perspectivas Económicas, un foro con vocación de futuro que este ano centrou a súa temática na crise económica e a situación das entidades de crédito, tales como as caixas galegas (Caixanova e Caixagalicia, agora Novacaixagalicia tamén coñecida como a caixa estreñida NoCaGa e futuro banco 🙁 ). Nos tres días que durou, puidemos asistir a debates e amplas exposicións de expertos coma D. Luis González Calbet, Subdirector General de Análisis e Modelización (do Ministerio de Economía e Facenda) que entre outros explicounos como se tomou a decisión de incrementar o IVE durante o verán pasado e como afectou iso as perspectivas dos consumidores.

Nota: Por suposto, todos os cartaces foron feitos con software libre, concretamente con GIMP 😉 atopase baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported que só esixe o recoñecemento da autoría e permite obras derivadas sempre que estas posúan unha licenza igual.

Nota2: este bloque dende fai uns meses tamén está licenciado do mesmo xeito, podes velo abaixo e acceder ao texto resumido da licenza ou ao estendido se así o prefires.

En Español:

A decir verdad durante los últimos meses la regularidad de actualización de este blog se ha ido ampliando hasta casi pasar a dos meses entre publicación y publicación, su causa es mi falta de tiempo para atender todo (hasta he tenido que dejar un poco de lado mis estudios). Comentare si os parece lo que llevo haciendo durante estos meses:

Mocidades galeguistas segunda República

Conferencias das Mocidades Galeguistas: esta actividad que organizamos desde la Asociación Cultural Trabalingua, (una asociación universitaria que trabaja a favor de la lengua y cultura gallegas), esta vez con esta actividad pretendíamos poner en valor el  trabajo desenvuelto y sacar a relucir la influencia que tuvieron y aun tienen en la actualidad las Mocidades Galeguistas del período de la Segunda República. Para esto contamos con dos grandes expertos en la materia: Justo Beramendi (profesor de la USC) Uxío-Breogán Dieguez (Historiador y director de la revista Murguia).

En este acto tuvimos la oportunidad de hacer un homenaje a Francisco Fernández del Riego, además de contar con varios representantes de grupos galeguistas juveniles (Mocidade Nacionalista Galega, Xuventudes Socialistas de Galicia e Converxencia XXI), que nos ofrecieron su visión sobre el galeguismo actual y su futuro inmediato y a largo plazo, que se desenvolvió como un debate. 

Xornadas Software Libre uvigo La segunda actividad en la que participé muy activamente fue en las primeras Xornadas de Introdución ao Software Libre, en estas jornadas que organizamos e impartimos (muy modestamente, todo hay que decirlo) desde la delegación de alumnos de nuestra facultad, en el aula de informática de libre acceso. Esta actividad se enmarca en el proceso de “liberación” del software que pretendemos implantar (con la ayuda de los organos rectores de la facultad) y que ya adelantaba hace unos meses con la entrada software libre en la facultad en la que hablaba sobre la posibilidad de instalar sistemas libres en el aula de libre acceso (ya unha realidad!!!).

Fueron dos jornadas en las que intentamos quitar el miedo al sistema operativo y convencer a la gente que allí participo de que el software libre es la única alternativa sostenible, tanto a nivel académico como a nivel usuario domestico. Para ello hicimos (o intentamos al menos, en unos ordenadores donde todo fallaba U.U) una instalación de Trisquel GNU/Linux durante la primera sesión. La segunda sesión fue de introducción al escritorio Gnome de Trisquel y a los aplicativos básicos que ofrece el sistema, así coma otros que no vienen por defecto pero que si son interesantes para unas carreras como las nuestras: de ciencias económicas y empresariales.

La experiencia por mi parte fue buena, me encantó poder enseñar a mis compañeros herramientas tan importantes para nuestro futuro, y parece que los asistentes quedaron satisfechos, por lo que nos planteamos repetir el año próximo pero con mayor profesionalidad e trayendo empresas para que cuenten su experiencia, tanto del lado de empresas dedicadas al software libre como del lado de los demandantes (empresas que tienen implantados recursos libres).

Organizamos también este mes las Xornadas de Economía e Sociedade donde mi colaboración fue bastante más pequeña por mis liminatciones horarias, y por un pequeño incidente con el coche nuevo que me impidio estar todo lo disponible que desearía, pudiendo solo participar en dos de las seis jornadas contempladas en el calendario, muy interesantes por cierto (sobre negociación y protocolo a las que pude asistir).

I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Cartel del I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Por último, esta misma semana pasada se desenvolvió el I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo, un foro con vocación de futuro que este año centró su temática en la crisis económica y la situación de las entidades de crédito, tales como las cajas galegas (Caixanova y Caixagalicia, ahora Novacaixagalicia también conocida como la caja estreñida NoCaGa y futuro banco 🙁 ). En los tres días que duró pudimos asistir a debates y amplias exposiciones de expertos como D. Luis González Calbet, Subdirector General de Análisis y Modelización (del Ministerio de Economía y Hacienda) que entre otros nos explico como se tomó la decisión de incrementar el IVA durante el pasado verano y como afectó eso a las perspectivas de los consumidores.

Nota: Por supuesto, todos los carteles se hicieron con software libre, concretamente con GIMP 😉 bajo una licencia libre de Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported que solo esige el reconocimiento de autoría y permite obras derivadas siempre que estas se licencien con una licencia igual.

Nota2: este blog desde hace unos meses también está licenciado del mismo modo, puedes verlo abajo y acceder al texto resumido de licencia o al extendido si así lo prefieres.