Actualizacións de Outubro, 2014 Conmutar Fíos de Comentarios | Atallos de teclado

  • idiotacompulsivo 21:45 en 30 October, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Correo google Apps en Digital Ocean 

    digitalocean + vesta cp

    digitalocean + vesta cp

    Estes días pasados estiven trasladando varios dominios de 1and1 a outros rexistradores máis económicos.

    Despois do proceso de traslado do servidor do que inda comentaba fai uns días falando da miña experiencia con VestaCP.

    O principal problema de trasladar dominios para min sempre é meter a para nas definicións de dns sobre todo para o tema dos correos: neste caso, teño algúns dos correos xestionados con Google Apps (basicamente os correos de adevigo.es e raxocultural.org), o problema é que son correos con bastante movemento e polo tanto estar unhas horas sen servizo non é unha opción e calquera erro fai que se poidan perder eses correos no limbo da Internet. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 21:42 en 27 October, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Experiencia con VestaCP e Digital Ocean 

    Roundcube webmail tenme namorado

    Roundcube webmail tenme namorado

    Fai uns meses comentaba que estaba pasando as webs que tiña aloxadas noutros servizos a Digital Ocean e que estaba probando o Panel de Control VestaCP.

    O certo é que despois de varios meses de uso do panel de control e de Digital Ocean podo asegurar que, inda non sendo un panel demasiado potente, as funcionalidades que posue funcionan á perfección. De feito, aventurariame a afirmar que a xestión con este panel de control é totalmente adsequible para calquera persoa cunha experiencia mínima (mínima, mínima): dende o primeiro momento poderás crear espazos web, bases de datos ou contas de correo en segundos e de xeito moi visual. As poucas opcións xogan a favor deste panel pois limita as metidas de pata do usuario. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 20:56 en 14 April, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Actualizacións automáticas de wordpress 

    Controla as actualizacións de wordpress

    Controla as actualizacións de wordpress

    Como sabedes dende a versión 3.7 wordpress conta con actualizacións automáticas integradas no sistema e dende a versión 3.8.2 estas veñen por defecto activadas. Persoalmente pareceme unha medida fantastica, existen moitas instalacións por aí que estan desactualizadas e isto facilita o traballo a xente que nos encargamos de manter varias webs ó dia neste senso (de clientes por exemplo)…

    Seguro? Pois debo dicir que non, as actualizacións automáticas son caralludas se son opcionais e mellor inda se non son a versións candidatas!! Unha versión candidata é unha versión do software que inda non está madura para porse en produción porque non están totalmente depurados posibles erros ou novas funcionalidades as que lles falta mellorar, polo que non se recomenda para webs en produción. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 14:54 en 25 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Actualizar plesk 

    Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade

    Esta é a túa cara cando ves que plesk fodeu a instalación e non tes copia de seguridade

    O outro día falaba de como instalar Vesta CP, un panel de control para servidores web, nos servizos de Digital Ocean.

    Como vos comentava nesa entrada, a meirande parte da xente emprega Plesk ou ben CPanel, os paneles de control máis extendidos. Actualmente, inda que agardo de xeito temporal, manteño un VPS con Plesk e un dos maiores problemas deste sistema son as actualizacións automáticas (activadas por defecto e recomendadas).

    Bueno, en realidade as actualizacións en si non son o problema se non o desastroso resultado destas. É bastante habitual que fallen e deixen o VPS totalmente inutil co que iso implica: se tes copia de seguridade perfecto, restauras (o maior problema é a info dende a última copia e o tempo que se perde en restaurar), pero se non a tes, botas as mans a cabeza e tiras dos pelos. (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 10:47 en 13 March, 2014 Ligazón permanente | Resposta  

    Panel de control Vesta 

    digitalocean + vesta cp

    digitalocean + vesta cp

    Fai uns dias pillei un VPS (Servidor Virtual Privado, polas súas siglas en inglés) en Digital Ocean, xa tiven contratados VPS noutras compañias como Amen ou m2estudio (cos que inda sigo) máis quería probar o modelo que plantexa esta empresa newyorkina.

    Por un VPS con 512Mb de ram e 20Gb de disco cobran 5$/mes (arredor de 4€) pero o mellor é que non tes porque contratalo por un mes completo, facturan por horas!! Perfecto para persoas coma min que queren probar novas distribucións, configuracións,… podes crear un Droplet (como lle chaman eles os VPS) en menos dun minuto. Eles mesmos ofertan distribucións con configuracións específicas (con wordpress ou un LAMP por exemplo) que podes amoldar ó que ti queiras.

    En parte por isto e porque é máis barato (é o que ten ser pobre), estou trasladando as miñas webs a esta empresa (esta mesma xa está nun host Digital Ocean). (Máis …)

     
  • idiotacompulsivo 22:28 en 4 September, 2010 Ligazón permanente | Resposta  

    Google tambien se equivoca 

    google wave

    otra patata...

    Tengo la impresión de que cuando una gran multinacional abre la boca el mundo se detiene, deja de girar y las miradas se centran en la “divina palabra”. Cuando Google Inc presentó Wave prometía revolucionar la forma de comunicarnos, de ahí en adelante todo seria distinto y viviríamos en un mundo de amor y fantasía de las comunicaciones: una semi red social (Máis …)

     
c
compose new post
j
next post/next comment
k
previous post/previous comment
r
reply
e
edit
o
show/hide comments
t
go to top
l
go to login
h
show/hide help
shift + esc
cancel